miércoles, 21 de diciembre de 2022

GALLETAS NAVIDEÑAS

 Este curso, tentamos realizar máis actividades en grupos mixtos no colexio. Conxugamos equipos con nenos e nenas de todos os cursos ( nos obradoiros do Samaín, nos xogos tradicionais do magosto e hoxe no obradoiro de cociña).  Todas estas actividades buscan fomentar a igualdade entre eles, cohesionar grupo, traballar a diversidade grupal. 

Todo enmarcado no PDI deste curso " A BIBLIOTECA COA IGUALDADE E A DIVERSIDADE"

Deixamos mostra do día de hoxe, resumido nun minutiño.






RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

 





TEMPO DE NADAL

Na entrada da biblioteca xa locen libros e contos con temáticas navideñas, dispoñibles para empregar nas aula, na biblio ou na casa. O importante é ler e desfrutar onde nos apeteza.








viernes, 2 de diciembre de 2022

O NADAL ESTÁ AQUÍ

Chegou o 1 de decembro e con el a maxia do Nadal, que enche corredores, aulas e biblioteca. 

Para dar comezo levamos a cabo un obradoiro de Postais. Cintas, pinturas varias, troqueles e selos... dan paso as fermosuras creadas polo noso alumnado.

Con estas postais participaremos no concursode postais do noso Concello. Unha gañadora por Centro e unha gañadora de todos os Centros Educativos, será a postal de felicitación que o Concello enviará a todas as familias deste pobo felicitar estas Festas.






SAMAÍN

 Este curso para celebrar o Samaín realizamos distintos obradoiros: de cociña, arte, danza, experimentos e contacontos...En grupos mixtos fomos rotando e realizando as distintas actividades propostas.

O conto empregado foi " El fantasma de las bragas rotas". Unha historia divertida e un pouco terrorífica!



25 DE NOVEMBRO

Un ano máis no centro tomamos conciencia este 25 de novembro, Día da non violencia de Xénero. Ademais de ambientar a entrada, realizando un mural centrado na violencia verbal, a mesa de libros e contos ten o seu espazo. Esta é mostra dunha selección de contos que se expoñen para uso do alumnado e do profesorado.





VIAXEIROS DO CERDEIRIÑAS

 Este curso as mochilas viaxeiras levaban unha tarxeta de viaxe que cada un /unha completou como máis lle gustou. Viaxes ilustradas, inventa...