No Día dos Apadriñamentos Lectores recibimos a visita dos nenos e nenas do IES Marco do Camballón, que compartiron con Infantil diferentes contos e historias cheas de maxia e imaxinación.
Despois da lectura, realizamos un obradoiro no que recreamos un bosque de conto. As árbores recollían, a través de imaxes, títulos e emocións, todo aquilo que nos transmitiron os contos escoitados.
Foi unha xornada moi especial de convivencia e aprendizaxe compartida, na que a lectura nos uniu para crear, sentir e imaxinar xuntos




















