jueves, 19 de marzo de 2026

🎙️ RADIO NA BIBLIO: unha experiencia para escoitar e contar

 Na nosa biblioteca escolar vivimos unha xornada moi especial arredor da radio, na que participaron os nenos e nenas de infantil e do 1º ciclo.

Da man de Javier e Carmen, de Amorodio, o alumnado achegouse ao mundo da radio dunha forma sinxela e moi lúdica. Ao longo da actividade, tiveron a oportunidade de crear o seu propio pequeno programa radiofónico, converténdose en auténticos locutores e locutoras.

Durante a sesión, cantaron, responderon preguntas, inventaron unha pequena entrevista e mesmo se atreveron a contar algunha “mentiriña”, enchendo a Radio Piloño nun espazo de risas e imaxinación.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que ademais de divertirse, desenvolveron habilidades de expresión oral, escoita activa e creatividade.

Queremos agradecer a Javier e Carmen de Amorodio por achegar a radio ao noso alumnado dun xeito tan próximo e divertido.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

📖 VISITA DOS AUTORES: Antón e a moura do lameiro de Viana

 No noso colexio tivemos o pracer de recibir a visita de Xoán Carlos Porrúa e Santiago Gómez Fuentes, autores do libro Antón e a moura do la...