sábado, 14 de marzo de 2026

Día da Muller Traballadora

 

Con motivo do Día da Muller Traballadora, no colexio realizamos un emotivo tendal de fotografías para render homenaxe a todas as mulleres das nosas familias e da nosa contorna, recoñecendo toda unha vida de traballo, esforzo e dedicación.
As imaxes, aportadas polo alumnado, permitíronnos compartir lembranzas, historias e exemplos de superación que forman parte da nosa vida cotiá.

Grazas a todas as familias pola súa colaboración nesta
actividade tan especial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LETRAS GALEGAS 2026

  O Día das Letras Galegas é unha das datas máis importantes do calendario cultural galego. Cada ano dedícase a homenaxear unha figura rele...