jueves, 30 de abril de 2026

Apadriñamentos Lectores

 


No Día dos Apadriñamentos Lectores recibimos a visita dos nenos e nenas do IES Marco do Camballón, que compartiron con Infantil diferentes contos e historias cheas de maxia e imaxinación.

Despois da lectura, realizamos un obradoiro no que recreamos un bosque de conto. As árbores recollían, a través de imaxes, títulos e emocións, todo aquilo que nos transmitiron os contos escoitados.

Foi unha xornada moi especial de convivencia e aprendizaxe compartida, na que a lectura nos uniu para crear, sentir e imaxinar xuntos








viernes, 24 de abril de 2026

Día do Libro

 Para celebrar o Día do Libro, os nenos e nenas trouxeron ao colexio as súas lecturas favoritas e realizouse unha exposición na entrada do centro.

Grazas a esta actividade, puidemos coñecer os gustos lectores de cada un, compartir recomendacións e fomentar o diálogo arredor dos libros e da lectura.

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que os libros se converteron nun punto de encontro para aprender, conversar e desfruta xunto




s.

Apadriñamentos Lectores

  No Día dos Apadriñamentos Lectores recibimos a visita dos nenos e nenas do IES Marco do Camballón, que compartiron con Infantil diferente...