O venres 15 de marzo, chegaron os reclamados obradoiros desta vez para celebrar o San Patricio. Unha mañá cargada de actividade onde poidemos desfrutar de entretidos obradoiros. Rematamos cun xantar típico, pois a comida forma parte das diferentes culturas. A sobremesa foi elaborada polo alumnado no obradoiro de cociña. Estaba deliciosa!
sábado, 16 de marzo de 2024
Clube de lectura
Ao longo deste trimestre estivemos lendo o conto titulado "A formiga coxa" de Marilar Aleixandre. Neste momento estamos a facer unha representación artística a través deste mobiliario. Pronto o resultado final!
COELLOS DE PASCUA
Nas últimas semanas estamos a elaborar de xeito voluntario uns coelliños de pascua no tempo de recreo. Debuxamos, recortamos, cosemos, rematamos...encántanos levar o bonequiño feito por nós!
lunes, 4 de marzo de 2024
Os nosos corredores
O 8M e a temática dos animais enchen os nosos corredores. Así facilitamos á comunidade educativa lecturas e libros acorder a estas conmemoracións conmemoracións.
Entre todos e todas estamos a elaborar unha revista co motivo do Día da Muller traballadora. amosaremos os resultados.
SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Co motivo deste celebración o alumnado de Primaria tivo oportunidade de realizar unha visita ao centro CIMUS en Santiago de Compostela, onde poidemos extraer o ADN dun amorodo, facer actividades de ilusión óptica, obervar un pulmón artificial e o efecto que ten o tabaco sobre a nosa saúde... Fomos científicos por un día!
Na biblioteca tivemos unha semana cargada de experimentos. Nos recreos tivemos propostas variadas que deixamos neste vídeo.
Apadriñamentos Lectores
No Día dos Apadriñamentos Lectores recibimos a visita dos nenos e nenas do IES Marco do Camballón, que compartiron con Infantil diferente...
-
O día 24, inaguramos a nosa biblioteca coa visita de Ana Meilán, escritora galega de preciosos contos dos que desfrutamos no noso Centro. D...
-
As Mochilas comezan a viaxar polos fogares do noso alumnado. Ademais de desfrutar da lectura en familia, tamén levan consigo unha actividad...
-
Novembro é un mes no que Neira Vilas está máis presente. Este curso facemos unha exposición da súa obra para que teñamos un acceso rápido e...







