O pasado día 21 de marzo con motivo do Día da Poesía a biblioteca encheuse de actividade e creatividade. Creamos, copiamos e debuxamos poemas. Unha actividade a nivel de centro cuxas produccións locen no parque de Piloño para desfrute de toda veciñanza.
martes, 28 de marzo de 2023
CLUBE DE LECTURA
O nos clube de lectura xa está en marcha. Comezamos cunha lectura sinxela " Xela volveuse vampira". Xa temos o noso libro e a ficha de pertenza ao clube, na que se marcan as xornadas de reunión, asistencia e lecturas realizadas.
O grupo está motivado e eso é o máis importante!
VENRES DE CONTO
Este mes deu comezo o "Venres de conto". Unha actividade na que as familias poden acudir á biblioteca a contar un conto. Unha actividade con moi boa acollida.
Moitas gracias aos participantes que viñeron e aos que están por vir.
SEMANA DA PRENSA
Esta semana a bibioteca énchese de distintos xornais, que nos servirán para realizar un mural de emocións. Seguindo a liña do PDI da biblioteca e o mural do monstruo de cores que nos acompañou no entroido, agora é o momento de clasificar novas en función das emocións que estas nos susciten.
RECREOS CIENTÍFICOS
Co motivo da Semana da Muller e a nena na Ciencia, solicitamos ao noso CFR unha maleta científica. Con ese material propuxéronse diferentes experimentos nos recreos, nos que se invitaba ao alumnado a probar a ver que pasaba se se seguían as instruccións.
Aquí deixamos unha pequena mostra.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Na Biblioteca Escolar xa loce este fermoso cadro no que ademais de ver esta imaxe de Rosalía (elaborada por unha familia) podemos buscar a nosa fotografía.
Todos somos Rosalía!
O USO DAS PANTALLAS NA INFANCIA
O 1 de decembro puidemos desfrutar dunha charla sobre novas tecnoloxías da man de Óscar Páramos Domínguez, psicólogo da Asociación Avante. ...
-
O día 24, inaguramos a nosa biblioteca coa visita de Ana Meilán, escritora galega de preciosos contos dos que desfrutamos no noso Centro. D...
-
As Mochilas comezan a viaxar polos fogares do noso alumnado. Ademais de desfrutar da lectura en familia, tamén levan consigo unha actividad...
-
Novembro é un mes no que Neira Vilas está máis presente. Este curso facemos unha exposición da súa obra para que teñamos un acceso rápido e...



