miércoles, 3 de mayo de 2023

Clube de lectura

 E co remate do "Capitán Calzoncillos", abrimos paso á nosa última lectura deste curso escolar: " A avoa Gánster".

Ampliamos o grupo de lectores, pois durante o 2º trimestre varios nenas e nenos mostraron desexos de participar, polo tanto Benvidos!

Ao longo deste mes de maio reunirémonos cada venres para ler, falar e desfrutar xuntos da lectura.



Clube de Lectura

 Ao longo do 2º trimestre estivemos lendo "Capitán Calzoncillos". Unha divertida historia de travesuras. A diversidade estivo presente neste libro. Na última xuntanza e no remate do libro puidemos ler cando foi a primeira vez que se escribiron as fazañas dos protagonistas. Quedamos abraiados cando descubrimos que autor era un alumno que debuxaba e inventaba historietas nos seus tempos de castigo na escola e que estas foron despreciadas polo seu mestre do momento. 

Comentamos a nosa trastada favorita do libro.

Esta sesión estivo acompañada duns ricos cupcakes que nos fixo o noso cociñeiro.



NOVIDADES DESTE CURSO

 Ao longo do curso a Biblioteca foi ampliando como cada ano os seus fondos. Amosamos algúns deles, pois a novidades pouco tempo pasan nos estantes...ver que desfrutamos con elas é marabilloso.






O DÍA DO LIBRO

 Chegou o Día do Libro e con él varias actividades para celebralo. Este ano fixemos unha Feira do Libro. Para mercar empregamos "Reciclos" (un billete que deseñamos polo Día do Consumidor). Día a día fomos conseguindo Reciclos en función dunhas premisas pactadas ( froita nas merendas, comportamento axeitado...). Encantounos mercar. Gastamos moito e mercámolo todo!


O martes 25 tivemos o apadriñamento lector. Como cada ano o alumnado do IES visitounos para contar historias e tecer lazos.



VISITA DA ONCE

 O venres 21  de abril, foi especial. Tivemos a visita de dúas membros da Once e o seu can guía. Contáronnos como se desenvolven para moverse pola cidade, o significado do bastón que levan e a súa función, como podemos axudar... 

Tamén tivemos a posibilidade de camiñar co bastón cos ollos tapados e ver como Rudi ( o can ) lles axuda cada día.  

Finalmente fixemos preguntas. 

Unha actividade enmarcada no PDI  "A biblioteca coa igualdade e a diversidade".



DÍA DA ARTE. 15 de abril

 Con motivo do deste día, realizouse unha proposta  no corredor, buscando captar a atención do alumnado. O expositor énchese de libros diferentes que nos invitar a ollar. Tamén unha suxestión para buscar. 



Tamén se realiza unha proposta na biblioteca. Trátase dun xogo co que realizamos o noso retrato cubista. Lanzamos o dado, escollemos unha a unha a peza indicada na plantilla e unha vez composto o noso rostro Picasso, debuxámolo.



VIAXEIROS DO CERDEIRIÑAS

 Este curso as mochilas viaxeiras levaban unha tarxeta de viaxe que cada un /unha completou como máis lle gustou. Viaxes ilustradas, inventa...