jueves, 30 de noviembre de 2023

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Numerosas actividades que se levaron  a cabo para conmemorar o 25N. Saída a Vila de Cruces e lectura do noso manifesto, actividades variadas coas Sororas e o mural "Tarxeta vermella a quen maltrata" chamáronnos á reflexión, e ao diálogo de cara un mundo mellor.






viernes, 17 de noviembre de 2023

NÓS DIVERSOS

 Este é o título que do conxunto de autorretratos que conforman este mural. Ao longo desta semana, por aulas e de forma colaborativa fomos á biblioteca a debuxarnos. Porque a tolerancia, o respeto, a comprensión... xorden da reflexión sobre as diferencias. Porque cada un de nós é diferente, tal e como reflicten os nosos debuxos.





NEIRA VILAS, o escritor do mes de novembro.

 Novembro é un mes no que Neira Vilas está máis presente. Este curso facemos unha exposición da súa obra para que teñamos un acceso rápido e fácil para empregar nas horas de ler ou no desenvolvemento doutras actividades.




AS MOCHILAS VIAXEIRAS

 As Mochilas comezan a viaxar polos fogares do noso alumnado. Ademais de desfrutar da lectura en familia, tamén levan consigo unha actividade que titulamos "Viaxeiros do Cerdeiriñas" que este ano substitúe ao caderno de bitácora. Co resultado final iremos configurando unha maleta cargada das nosas  viaxes, Viaxes reais, soñadas, imaxinadas ou vividas.



domingo, 12 de noviembre de 2023

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

 Xa temos equipo de axudantes da biblioteca escolar, que entre outros labores estiveron a etiquetar os libros da zona de infantil. Cada libro ten un símbolo ou un número que se corresponde coa mesma imaxe/número que hai en cada estante. Unha forma de organizar os libros por temáticas e coleccións. Isto facilitará a busca e a organización de xeito autónomo dos mesmos, cando estamos manipulando e observando os libros.





24 DE OUTUBRO: DÍAS DAS BIBLIOTECAS

 O día 24, inaguramos a nosa biblioteca coa visita de Ana Meilán, escritora galega de preciosos contos dos que desfrutamos no noso Centro. Desta volta tocou desfrutar da súa presenza e da súa forma de contar. Por grupo acudimos a biblioteca de desfrutar da actividade.








VIAXEIROS DO CERDEIRIÑAS

 Este curso as mochilas viaxeiras levaban unha tarxeta de viaxe que cada un /unha completou como máis lle gustou. Viaxes ilustradas, inventa...