Adicamos este día a Luisa Villalta, cun programa de radio e co noso mural como cada ano. Así de fermosa toca o violín a autora no noso corredor.
martes, 21 de mayo de 2024
miércoles, 15 de mayo de 2024
MEDICIBRÓN
Medicibrón é o noso xabón! Un xabón feito con ingredientes naturais enriquecido con aloevera. Elaborámolo coa axuda da nosa coidadora ( a voz sabia no tema), pensamos un nome, deseñamos a etiqueta e envasámolo para levar ás nosas casas polo día da Familia.
domingo, 12 de mayo de 2024
Día do Libro nas aulas de infantil
Para conmemorar este día, o alumnado de EInfantil trouxo o seu conto favorito da casa, que estes días temos na biblioteca da aula para así ir contándoos todos pouco a pouco. Unha actividade moi sinxela que nos está encantando.
Ademais tivemos a visita coma todos os anos con das nosas madriñas e padriños do IES do Camballón, que nos viñeron contar historias e pasar un ratiño con nós.
FEIRA DO LIBRO
Por segundo ano celebramos a nosa particular feira do libro. Nela podemos mercar cos reciclos(billetes) que fomos conseguindo ao longo do mes de abril. Ademais de libros tamén podiamos mercar chapas e marcapáxinas, un éxito de mercadillo!
Nova lectura
O noso club de lectura, " Lectores ocultos" anda a voltas cunha nova aventura, na que esta inventora xenial, terá que axudar á raíña de Inglaterra.
Paola Guimaraes
Fai unha década que Paola Guimaraes foi pioneira na creación das aulas STEAM e e-téxtiles aplicados á eduación. Con ela e por grupos puidemos fedellar de diferente maneira en función da nosa idade. Fixemos circuitos eléctricos de forma moi sonxela, traballamos con Scratch, coa placa microbit... A verdade que veu cargadiña de ideas!
O USO DAS PANTALLAS NA INFANCIA
O 1 de decembro puidemos desfrutar dunha charla sobre novas tecnoloxías da man de Óscar Páramos Domínguez, psicólogo da Asociación Avante. ...
-
O día 24, inaguramos a nosa biblioteca coa visita de Ana Meilán, escritora galega de preciosos contos dos que desfrutamos no noso Centro. D...
-
As Mochilas comezan a viaxar polos fogares do noso alumnado. Ademais de desfrutar da lectura en familia, tamén levan consigo unha actividad...
-
Novembro é un mes no que Neira Vilas está máis presente. Este curso facemos unha exposición da súa obra para que teñamos un acceso rápido e...









