viernes, 20 de diciembre de 2024

OBRADOIRO DE GALLETAS

 Onte, día 19 de decembro, pasamos unha mañá super entretida... Estivemos facendo galletas no comedor do colexio. 

Os cativos e cativas traballaron un montón, pois tiveron que: 

- Seguir as instruccións da receita. 

- Axilizar a súa comprensión lectora. 

-Traballar con distintas cantidades de peso e medida.

- Amasar, remexer, cortar e decorar. 

E....así entraron e saíron do forno as galletas deliciosas do CEIP PLURILINGÜE DE CERDEIRIÑAS. 









sábado, 14 de diciembre de 2024

POSTAIS DO AMIGO INVISIBLE

 Na biblioteca do noso centro, na semana do 9 de Decembro, os nenos e nenas estiveron creando as postais do amigo invisible, un detalle moi bonito que chegará as súas casiñas por Nadal. 

- Quen será o teu amigo invisible? 



 




martes, 10 de diciembre de 2024

CLUB DE LECTURA

Este luns 9 de decembro comezou no noso centro o Club de Lectura, unha actividade voluntaria e moi interesante para o noso alumnado dende 3º de EP ata 6º. 

A continuación poderedes ver como iniciamos a actividade e os libros elexidos, pois creemos que lles van a encantar! 

Esta actividade promove o gusto pola lectura, a motivación e a curiosidade por seguir lendo e aprendendo. 










ADORNOS DE NADAL NA BIBLIO

 Ao longo do mes de decembro os nosos cativos e cativas realizar adornos de Nadal na biblio e fixeron cousas chulísimas con distintos materiais. 



jueves, 5 de diciembre de 2024

TÍTERES CUCUTRAS

O pasado venres día 29 de Novembro acudimos todos os nenos e nenas de educación infantil a un contacontos con títeres no auditorio de Vila de Cruces. ¡ Foi unha excursión moi divertida e pasámolo moi ben ! 



O USO DAS PANTALLAS NA INFANCIA

 O 1 de decembro puidemos desfrutar dunha charla sobre novas tecnoloxías da man de Óscar Páramos Domínguez, psicólogo da Asociación Avante. ...