Esta semana realizamos na biblioteca do cole un taller de Botes de Sal no que cada neno e nena crearon o seu bote con sal tintada utilizando os xiz de cores.
Quedaron chulísimos, foi unha actividade moi divertida e práctica.

O día 24 de Outubro para inaugurar a biblioteca escolar recibimos a visita de Blanca Millán, unha ilustradora coñecida por contos como : - A Maxia de Mamá - Manuela - O gran libro dos nosos montes... é unha longa traxectoria de ilustracións con premios e moito cariño posto no seu traballo. Estivo ensinando aos nosos cativos como debuxar e ilustrar.
Moitas grazas pola visita, pasámolo xenial!
O 1 de decembro puidemos desfrutar dunha charla sobre novas tecnoloxías da man de Óscar Páramos Domínguez, psicólogo da Asociación Avante. ...