O 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía e traballamos no cole os distintos "Poemas a Rosalía", despois expuxémolos na entrada simulando a súa habitación coa cama e o resultado foi maravilloso.
A NOSA BIBLIOTECA
jueves, 26 de febrero de 2026
CLUBE DE LECTURA
O 23 de febreiro o alumnado de terceiro e cuarto iniciou unha nova andaina no Club de Lectura coa lectura do libro Plan de rescate, de Antía Yáñez.
Nesta ocasión mergullarémonos nunha historia chea de aventuras e emoción, na que os personaxes deberán enfrontarse a diferentes retos e tomar decisións importantes. Ao longo das sesións do club iremos comentando os capítulos, compartindo opinións e reflexionando sobre os acontecementos que se desenvolven na historia.
Unha vez máis, a lectura convértese nunha oportunidade para gozar das historias, descubrir novos libros e vivir a experiencia de ler e conversar en grupo.
lunes, 16 de febrero de 2026
ENTROIDO NO NOSO COLE
O pasado 13 de febreiro celebramos no noso colexio o Entroido do Bosque Máxico, unha festa moi apreciada por toda a comunidade educativa.
Desfrutamos dun desfile moi divertido con música, cantamos unha parranda e tivemos a sorte de escoitar " Os Saltos " dos nosos pequenos Xenerais e para rematar degustamos unha merenda tradicional riquísima en compañía das familias.
Foi un día maravilloso, cheo de emocións e diversión.
miércoles, 4 de febrero de 2026
CLUBE DE LECTURA
O 29 de xaneiro o grupo das maiores do Club de Lectura comezou unha nova lectura. Nesta ocasión foron elas mesmas quen escolleron o libro: O neno do pixama de raias, de John Boyne.
Esta obra achéganos a unha historia emocionante que invita a reflexionar sobre a amizade, a empatía e a importancia de comprender o pasado. A través da mirada inocente do seu protagonista, iremos descubrindo unha historia que nos fará pensar e compartir moitas impresións durante as sesións do club.
Ao longo das próximas semanas comentaremos os capítulos, falaremos sobre os personaxes e reflexionaremos xuntas sobre os temas que aparecen no libro, facendo da lectura unha experiencia compartida.
miércoles, 3 de diciembre de 2025
O USO DAS PANTALLAS NA INFANCIA
O 1 de decembro puidemos desfrutar dunha charla sobre novas tecnoloxías da man de Óscar Páramos Domínguez, psicólogo da Asociación Avante.
Foi unha xornada moi interesante e productiva, pois puidemos aprender e reflexionar un pouco máis sobre pantallas, redes socias, canles, videoxogos, programas... sempre tendo en conta os riscos que se derivan deles.
lunes, 1 de diciembre de 2025
25N SORORAS NO CEIP CERDEIRIÑAS
Para conmemorar o 25 N día contra a violencia de xénero, estiveron no noso centro realizando actividades de concienciación Sororas.
Pasamos unha xornadas moi divertidas e productivas, falando entre todos e todas, reflexionando, compartindo vivenzas e aprendendo un pouco máis das cousas da vida, da historia e da nosa cultura.
Grazas !
jueves, 27 de noviembre de 2025
XORNADA XOGONA COAS FAMILIAS
O 24 de novembro desfrutamos dunha tarde de xogos no centro coas familias do noso alumnado.
Foi todo un éxito, pois coñecimos distintos xogos de mesa, en grupo e individuas, que traballan a atención, a concentración, o razoamento lóxico, a comprensión e por suposto a diversión.
Grazas por asistir e participar.
DIA DE ROSALÍA
O 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía e traballamos no cole os distintos "Poemas a Rosalía", despois expuxémolos na entrad...
-
O día 24, inaguramos a nosa biblioteca coa visita de Ana Meilán, escritora galega de preciosos contos dos que desfrutamos no noso Centro. D...
-
As Mochilas comezan a viaxar polos fogares do noso alumnado. Ademais de desfrutar da lectura en familia, tamén levan consigo unha actividad...
-
Novembro é un mes no que Neira Vilas está máis presente. Este curso facemos unha exposición da súa obra para que teñamos un acceso rápido e...






.jpeg)

.jpeg)



.jpeg)

