jueves, 26 de febrero de 2026

CLUBE DE LECTURA

 O 23 de febreiro o alumnado de terceiro e cuarto iniciou unha nova andaina no Club de Lectura coa lectura do libro Plan de rescate, de Antía Yáñez.

Nesta ocasión mergullarémonos nunha historia chea de aventuras e emoción, na que os personaxes deberán enfrontarse a diferentes retos e tomar decisións importantes. Ao longo das sesións do club iremos comentando os capítulos, compartindo opinións e reflexionando sobre os acontecementos que se desenvolven na historia.

Unha vez máis, a lectura convértese nunha oportunidade para gozar das historias, descubrir novos libros e vivir a experiencia de ler e conversar en grupo. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Apadriñamentos Lectores

  No Día dos Apadriñamentos Lectores recibimos a visita dos nenos e nenas do IES Marco do Camballón, que compartiron con Infantil diferente...