jueves, 26 de febrero de 2026

DIA DE ROSALÍA

 O 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía e traballamos no cole os distintos "Poemas a Rosalía", despois expuxémolos na entrada simulando a súa habitación coa cama e o resultado foi maravilloso. 





CLUBE DE LECTURA

 O 23 de febreiro o alumnado de terceiro e cuarto iniciou unha nova andaina no Club de Lectura coa lectura do libro Plan de rescate, de Antía Yáñez.

Nesta ocasión mergullarémonos nunha historia chea de aventuras e emoción, na que os personaxes deberán enfrontarse a diferentes retos e tomar decisións importantes. Ao longo das sesións do club iremos comentando os capítulos, compartindo opinións e reflexionando sobre os acontecementos que se desenvolven na historia.

Unha vez máis, a lectura convértese nunha oportunidade para gozar das historias, descubrir novos libros e vivir a experiencia de ler e conversar en grupo. 





lunes, 16 de febrero de 2026

ENTROIDO NO NOSO COLE

 O pasado 13 de febreiro celebramos no noso colexio o Entroido do Bosque Máxico, unha festa moi apreciada por toda a comunidade educativa.

Desfrutamos dun desfile moi divertido con música, cantamos unha parranda e tivemos a sorte de escoitar  " Os Saltos " dos nosos pequenos Xenerais e para rematar degustamos unha merenda tradicional riquísima en compañía das familias. 

Foi un día maravilloso, cheo de emocións e diversión. 









miércoles, 4 de febrero de 2026

CLUBE DE LECTURA

O 29 de xaneiro o grupo das maiores do Club de Lectura comezou unha nova lectura. Nesta ocasión foron elas mesmas quen escolleron o libro: O neno do pixama de raias, de John Boyne.

Esta obra achéganos a unha historia emocionante que invita a reflexionar sobre a amizade, a empatía e a importancia de comprender o pasado. A través da mirada inocente do seu protagonista, iremos descubrindo unha historia que nos fará pensar e compartir moitas impresións durante as sesións do club.

Ao longo das próximas semanas comentaremos os capítulos, falaremos sobre os personaxes e reflexionaremos xuntas sobre os temas que aparecen no libro, facendo da lectura unha experiencia compartida.




DIA DE ROSALÍA

 O 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía e traballamos no cole os distintos "Poemas a Rosalía", despois expuxémolos na entrad...